Un patrulleiro de Alxeria podería entrar mañá na ría de Ferrol

Un patrulleiro de Alxeria podería entrar mañá na ría de Ferrol

05 de Novembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O patrulleiro de Alxeria podería chegar mañá á ría de Ferrol. Segundo informan fontes de Navantia, o buque atracará na base naval da Graña para retirarlle a munición. Logo atracará no estaleiro, onde lle modernizarán todo o armamento. O contrato asinouse no pasado mes de xullo e inclue a reparación, modernización e extensión da vida de dous buques militares da Mariña de Alxeria.

En principio estaba prevista a chegada do primeiro dos buques no pasado mes de setembro. Unha delegación da Mariña do pais norteafricano fixará a súa base en Ferrol para realizar os labores de inspección, supervisión e probas dos buques.
 

Bó momento das reparacións

Navantia iguala na ría o seu record de reparación de gaseiros. Os catro barcos actualmente en Carenas pertencen a este mercado. Así ata novembro do ano pasado pasaran polas súas instalacións 20 barcos de transporte de gas. No mesmo periodo deste ano faránno sete máis. Hai tan só uns dias as obras de reparacións empregaban na ría a uns 600 traballadores das compañias auxiliares, aos que hai que sumar os máis de 200 do plantel directo. Pero as reparacións somentes son un complemento da construción naval na ría de Ferrol. A división de reparacións de Navantia facturou no 2011 arredor de 80 millóns de euros e xenerou puntas máximas de traballo de 1.500 empregados. A F 105, a última fragata construida nos estaleiros ferroláns, custou 800 millóns de euros

Sociedade