Un pau moi duro

Un pau moi duro
04 de Febreiro, 2019 - 11:32 h. | Publicada por Radio Fene

Un pau moi duro levou o Maniños na súa visita a Ortigueira. “Ainda estamos tocados polo que pasou xa que fixemos todos os méritos para gañar, e na última xogada o equipo local acerta na nosa portería. O fútbol non está a ser xusto co noso equipo” manifesta o adestrador do equipo do Pote Pablo Mesa. Ainda quedan 13 partidos por xogar e 39 puntos en xogo nesta competición da Primeira Galicia de fútbol.

ESCOITA O PODCAST:
Cultural Maniños. Primeira Galicia de fútbol

“Insistir e pelexar son as receitas que nos quedan, xa que a directiva e a afección nos trasladan o seu apoio e a tranquilidade” salienta o técnico.

Deportes

Publica o teu comentario agora