Un pequeno fallo

Xa queda pouco no travase de combustible do Blue Star
02 de Decembro, 2019 - 01:55 h. | Publicada por Radio Fene

Durante a fin de semana trasvasaronse máis de 80 TM de fuel a camións cisterna e os traballos foron supervisados por Salvamento Marítimo.

Apareceron problemas nos traballos de extración do fuel no Blue Star. Tres dias van desde que empezaran eses traballos e, segundo a Delegación do Goberno, houbo «un pequeno fallo», que tería provocado esta mañá un verquido de carburante no lugar costeiro de Ares onde está encallado desde hai diez días o quimiqueiro. Desde o concello apuntan que una ruptura na mangueira que trasvasa o combustible desde a proa do buque a terra foi a orixe do pequeno derrame de uns litros. Non se precisaron barreiras anticontaminación e  una lancha ocupouse da limpeza.

Sociedade

Publica o teu comentario agora