Un Perlío serio

O Pote 0- Perlío 3
03 de Febreiro, 2020 - 10:09 h. | Publicada por Radio Fene

O encontro de O Pote e Perlío, último e primeiro clasificados, saldouse con seis tarxetas amarelas, catro dos locais e dúas dos visitantes.

ESCOITA O PODCAST:

O partido O Pote - Perlío tivo duas partes diferenciadas. Na primeira, o Pote traballou ben a presión e tiveron “maniatado” ao Perlío . Na segunda parte prodúcese un baixón físico dos efectivos do Pote e o Perlío logrou desatarse. Púxoselle o partido de cara, en palabras do técnico do Perlío, Chechu Piñeiro, e chegaron os goles, executados por Iago Pérez no minuto 47. Dani marca o segundo no 62` e o definitivo saíu dos pes de Alexis no último minuto do partido, no 90. Declarou esta mañá Piñeiro que están a prantexar con moita seriedade os encontros. Levan cinco partidos sen encaixar goles pero, afirma, hai que seguir porque queda moito. O próximo enfrentamento será nos Pinares, co Neda, equipo que vai terceiro na clasificación.

Deportes

Publica o teu comentario agora