Un Plan da Deputación sinaliza o interior da biblioteca municipal de Fene

Un Plan da Deputación sinaliza o interior da biblioteca municipal de Fene

21 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Dous trasnos acuden mañán dia 22 á Biblioteca municipal de Fene. Os nenos entre 3 e 12 anos son o público máis adecuado para ver o espectáculo “ Canto conto” dende as 6 da tarde. A programación da biblioteca continúa o venres dia 30  co teatro “Contos no tendal” para o mesmo público infantil. 

Agora que empezou o curso e o novo horario de inverno, a biblioteca fenesa seguirá acollendo as visitas escolares. Pendente está a visita do iES de Fene cuxos alumnos-as participarán nun obradoiro no que aprenderán a facer un documental.

Dende hoxe a Biblioteca de Fene está a mellorar as instalacións cun plan de sinalización das diferentes seccións para sacar mellor partido á oferta tanto de libros, como de múisica ou cine, segundo declaracións da bibliotecaria, Sonia Iglesias. O plan está subvencionado pola Deputación da Coruña e podería rematarse a inicios do ano que ven. Segundo os datos facilitados Sonia Iglesias, unhas 70 persoas acuden a diario á biblioteca que na actualidade conta con 5.160 usuarios-as.

Sociedade