Un poeta por descubrir

O CMI Unidade de Fene falla o premio Pérez Parallé o próximo domingo 11
05 de Novembro, 2018 - 10:28 h. | Publicada por Radio Fene

Con teatro, magosto e música celebra o CMI Unidade de Fene a entrega do Premio Pérez Parallé na XXXI edición.

O CMI Unidade de Fene entregará o XXXI Premio de poesía Pérez Parallé a mediados de novembro. O xurado reunirase na próxima fín de semana- probablemente o domingo 11- para dar o seu veredicto. Entre os seus compoñentes está o gañador do ano pasado, Carlos Lixó. Procederase á entrega do premio unha semana despois, coincidindo coa festa do Magosto.

O venres 16 de novembro o CMI de Fene convidou ao grupo de teatro Teruca Bouza do Seixo a presentar as pezas "O seguinte" e "Mañanciñas de sol". Actuarán ás 20:00h e ao remate da función comezará o magosto. O sabado 17 procederase á entrega do Premio Pérez Parallé na súa trixésimo primeira edición. Un acto que contará coa presencia do gañador ou gañadora- aínda é unha incógnita- e que acabará coa actuación da Rondalla Estrelecer.

Cultura

Publica o teu comentario agora