Un PSdG máis á esquerda e galeguista

Un PSdG máis á esquerda e galeguista

23 de Outubro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Recuperar a confianza dos cidadáns e construir un novo proxecto político frontal ao do PP. Eses son os pasos que debe dar o PsdG PSOE no sentir do portavoz socialista no concello de Fene, Iván Puentes. O que fora alcalde de Fene no anterior mandato calificou os resultados do seu partido en Galicia de malos-malísimos e apuntou que o novo Psd G debe reunir duas identidades: ancorarse máis na esquerda e ser máis galeguista.  Recuperar a confianza dos cidad&a

Se algo positivo pode tirarse dos resultados do domingo en Fene, onde o PSOE quedou relegado a un terceiro lugar e o BNG ao cuarto, é que a dereita non avanzou, mesmo reduciu o nº de votos e a esquerda segue a ser maioritaria co 60% dos votos. A pesar diso, Puentes non é partidario de extrapolar os resultados das autonómicas, sexan bos ou malos, ás eleccións municipais que se celebrarán no ano 2015. Os socialistas galegos celebrarán o dia 10 de novembro un comité nacional e no mes de xaneiro celebrarase o Congreso extraordinario do partido a nivel estatal.

Sociedade