ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Quico Cadaval trae ao Museo do Humor de Fene ás 20.00h o último espectáculo "Vacas, guerras, porcos e cregos". Considerados a forma máis diminuta de teatro, estes contos son unha poderosa chamada á imaxinación do público, que ten que construír co narrador as imaxes de cada historia.
A primeiros deste ano 2019 Quico cadaval presentou “Vacas, guerras, porcos e cregos” que esta tarde terán a oportunidade de ver en Fene. Conta a historia dun antepasado chamado Xuán o Fino, que era un home bo coa familia, pacífico e bo veciño, amigo de facer favores. Unha personaxe carente de interese para o público, por estar exento de maldade. Mais observando o entorno do patriarca, aparecen historias extraordinarias protagonizadas por personaxes menos virtuosos.
Son coprotagonistas da historia vacas, curas, mentireiros, sementais, barbeiros, porcos, artistas de cine e militares. Aparecerá o parto dunha vaca, a historia da prohibición da aguillada, o uso do xabrón como silenciador, o brutal acto inseminativo, un militar pasando ferias, as nenas vaqueiras, un crego que domina a Lüger e a retórica, un barbeiro profético, fenómenos extraños na noite de vodas. Entre todas as personaxes desta fábula coral, destaca O Ghacheiro, un performer fedello, enredante e pícaro, que fai confluír, para asombro da veciñanza, unha das súas farsas co desembarque de Normandía.
Publica o teu comentario agora