Un tendal que fala, por Raquel Queizás

Un tendal que fala, por Raquel Queizás

29 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Biblioteca Xose María Pérez Parallé acolle este venres 30 de setembro, ás 18.00 h, o espectáculo de contacontos de Raquel Queizás “Contos no tendal”. A función encádrase dentro do programa Camiños da Cultura da Xunta de Galicia e vai dirixida a grupos de nenos/as maiores de 3 anos ou familias.  
“Colgadas no tendal, as letras sentan ao sol a facérense cóxegas e bailar unhas coas outras. A roupa t

O tendal

Neste espectáculo no que se xoga a tensar os límites entre os contacontos, os títeres e a pantomima, case nada é o que parece. Grazas a unha técnica de manipulación de panos inspirada nos mestres de marionetas orientais o escenario pasa de amosar   pezas de roupa secando ao sol a ser o interior dun castelo, un mar poboado por sereas, ou a cova dun feroz polbo gardián   dun tesouro.”
 Inspirado nas lembranzas de moitas tardes escoitando as historias da súa avoa namentres tendían a roupa ao sol de   agosto, Raquel Queizás preparou este espectáculo “para presentar a tradición oral á nova xeración de nativos dixitais”.

A autora   

Raquel Queizás é licenciada en Filoloxía Hispánica pola   Universidade de Santiago de Compostela (1998). Cursou   estudos de Artes Escénicas (interpretación, clown,   improvisación, expresión corporal, bufón, commedia   dell'arte, danza teatro, mimo, voz e canto, acrobacia,   manipulación e fabricación de títeres,etc.) en diferentes   centros ou encontros de formación (UNIMA Aragón, Sala el   Montacargas de Madrid, RESAD, Sala DT, Taller de teatro   Asura, PROEXDRA, Estudio 3, Aula de Teatro de Santiago   de Compostela, Espacio Aberto).

Na actualidade forma parte do elenco da compañía   Galitoon, na que participa nas obras Rosalía, a pulga que   escribía, Os limóns, Golulá, e A Festa dos Axóuxeres.   Actividade que compaxina con varios espectáculos de   contacontos, Contos Pícaros, Contos do Cestiño,   Soñadora das Árbores, Contos no Tendal, etc. dentro dos   programas Letras Vivas e Camiños da Cultura da Xunta de   Galicia, e coa realización de diversos obradoiros para   nenos (animación á lectura, teatro, curtametraxes e “stop-   motion”, expresión corporal, etc)   

Sociedade