Un veciño de Fene morre repentinamente na Avenidas das Pias

Un veciño de Fene morre repentinamente na Avenidas das Pias

28 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un veciño de Fene morreu esta mañá na avenida das Pias, concretamente ao carón do portal do número 4 da avenida das Pias en Fene. O veciño J.C. morreu de morte súbita, posiblemente dun infarto de miocardio. A xuíza de garda de Ferrol levantou o cadavre acompañada do forense xa que a morte está declarada como morte xudicial, segundo fontes policiais.

O suceso aconteceu arredor das once menos cuarto da mañá. J.C, veciño da parroquia de Fene viña do supermercado, onde bromeara coas dependientas e clientes, como facía habitualmente. Morreu de xeito repentino cando circulaba pola zona. A ambulancia desprazada ao lugar somentes puido comprobar a súa morte. O corpo tivo que agardar ata pasadas as 12 do mediodia, cando a xuiza autorizou o levantamento. J.C. residía nunha vivenda situada nun camiño fronte á Casa da Cultura de Fene. O seu fillo é traballador municipal.

Sociedade