Un virtuoso do contrabaixo

Un virtuoso do contrabaixo

09 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Daniel Pérez Soto rematou os estudos do contrabaixo no Conservatorio da Coruña. Van dez anos desde que descubríu o instrumento e se namorou da súa sonoridade tan grave, do amplo rexisto e da súa expresividade.

Aínda que toca moitos estilos, dependendo das colaboracións que lle pidan, Daniel gosta moito da música clásica, aquela que causa emocións de excitación e alegría, reduce a dór e a ansiedade, baixa a presión arterial, mellora o rendemento, …
Na súa traxectoria cruzouse a Orquesta Joven da Sinfónica de Galicia onde aprendeu moito, a Orquesta Gaos e tamén a Sinfónica de Melide, coa que colabora ocasionalmente.  
Por soñar que non quede. Daniel confesa que o seu primeiro desexo é chegar a dominar o instrumento. Despois gostaríalle gravar como solista un disco e,  por qué non, tocar nunha orquestra sinfónica.
De momento na carreira de Daniel Pérez presentouselle a oportunidade de acudir nos EEUU ás clases do profesor Milton Masciadri. Durante un mes e medio estará na Universidade de Georgia perfeccionando o contrabaixo con él nun curso intensivo a partir de marzo.

Sociedade