Un xove de Vigo morre en accidente ao chocar cun camión

Un xove de Vigo morre en accidente ao chocar cun camión

26 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Un mozo vigués de 29 anos, con iniciais R.W.C.V., faleceu esta madrugada nun accidente de tráfico debido a unha colisión por alcance entre o vehículo que conducía, un Audi A4, e un camión en Mos (Pontevedra). Segundo informou a Garda Civil de Tráfico de Pontevedra, o sinistro produciuse ao redor das 3.45 horas no quilómetro 8,200 da autovía A-55, ao seu paso por esta localidade pontevedresa.

Pola súa banda, tanto o condutor do camión, con iniciais F.V.S., de 55 anos e veciño de Covelo, como o acompañante deste, F.J.C.G., de 42 anos e veciño de Vigo, resultaron ilesos.

Debido ao aparatoso do accidente, até o lugar trasladouse unha dotación de bombeiros para excarcerar o corpo do falecido e os axentes cortaron o carril esquerdo e central da autovía sentido Vigo. Ás 6.55 horas normalizouse a situación na vía.

Sociedade