Unanimidade parlamentar por Navantia Fene

Unanimidade parlamentar por Navantia Fene

22 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Parlamento Galego aprobou por unanimidade a Iniciativa Lexislativa Popular de Rumbo XXI a prol do levantamento do veto a Navantia Fene. O PP non aceptou as propostas que pretendía engadir o grupo socialista. A deputada socialista, Beatriz Sestayo, defendía un Plan estratéxico para o Naval con prazos e dotacións concretas.   

O Parlamento galego debateu esta mañá de novo a iniciativa lexislativa popular a prol de Navantia Fene. Debateu o acordo da comisión parlamentaria, no que non houbo consenso entre os grupos políticos. En concreto, votábase o ditame da comisión de Industria sobre a proposición de lei de fomento do sector naval de Galicia.

Os promotores da Iniciativa Lexislativa Popular Rumbo XXI insistiron nos últimos meses na oportunidade de aproveitar a presidencia española na Unión Europea para forzar a renegociación dos acordos do 2004 e estudar a posibilidade de abrir Navantia Fene á construcción naval civil. Sostén a citada comisión a necesidade de potenciar o sector naval en Ferrolterra e Galicia como arma para loitar contra a crise económica e o desemprego.

Sociedade