Unha “ópera-folc” sobre os Milesians

Unha “ópera-folc” sobre os Milesians

22 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Unha viaxe única a través da lenda dos Milesians a bordo dunha nave mecida pola música. Para Bieito Romero, líder de Luar na Lubre, Torre de Breoghán convírtese nun “soño cumprido, un proxecto inspirado na historia da nosa cidade cunha das mellores orquestras españolas e europeas. Trátase de ofrecer calidade a través da maridaxe de dous referentes galegos a nivel musical”. Este concerto xirar&

Coma se dun marabilloso descubrimento arqueolóxico se tratase, o grupo folc Luar Na Lubre rescata un relato épico da cultura celta para dar forma a un espectáculo onde música e efectos visuais se funden nunha especial alquimia. ‘Torre de Breoghán’ será un acontecemento musical inédito, unha versión orquestrada do mellor da banda galega, coa Orquestra Sinfónica de Galicia como acompañante de luxo. 
A historia que narra está inspirada no libro Leabhar Ghabhala Eirean (Libro das Invasións), un documento excepcional recollido da tradición oral irlandesa e transcrito polos monxes cristiáns desta illa no século XI. Nel relátanse, por orde cronolóxica, as diferentes invasións que foron sucedéndose en Irlanda. A última delas é a dos Milesios, que desde a cidade de Brigantia (actual A Coruña) partiron cara á illa despois de que Ith, fillo do caudillo Breoghán e líder Milesio, a descubrise logo de divisala desde o alto da torre que leva o nome do seu pai, a Thor Breoghán, que podería ser a coñecida actualmente como Torre de Hércules. 
Guerreiros, embarcacións, druidas, feitizos... Torre de Breoghán será unha experiencia única e sobrecolledora, unha viaxe mítica para calquera amante da música e da cultura. Luar Na Lubre embárcase nunha nova aventura na súa constante aposta por situar a música folc na vangarda da escena musical contemporánea. 
Cultura