Unha aposta pola creatividade erótica

Unha aposta pola creatividade erótica

02 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Convivir nas nosas relaccións eróticas cunha persoa portadora dunha infección de transmisión sexual non ten por qué se converter en culpa nin en lousa de castigo. Adaptar a creatividade erótica de cadaquén a esas circunstancias e o arma máis poderosa que temos ó noso alcance para poder seguir tendo unha vida erótica en convivencia coas enfermidades. Esa busca de alternativas ás practicas habituais son as que se están a pr

Cando se fala de infeccións de transmisión sexual a tendencia é identificalas coa máis renomeada dela, a SIDA, que nos últimos anos do século XX converteuse en símbolos das ITS. Sen embargo a lista é moito máis ampla e abarca outras como a hepatite, a sífile ou a gonorrea, estando cada unha delas vinculada a prácticas eróticas determinadas.

Segundo explicou Alfredo Saborido, traballador social do centro “Quérote” de Ferrol, rachar coas conductas erótica tradicionais e pór a funcionar o mapa eróxeno de cada un de nós, son as claves que nos axudarán a manter unha vida erótica plena en connivencia con estas enfermidades.

Alfredo Saborido suliñou tamén a importancia destes cambios na erótica para non incidir en prácticas de risco. Puxo como exemplo a historia recollida no libro de Manuel Puig, “Boquitas pintadas” na que os protagonistas prescinden dos bicos nos seus contactos, xa que él está afectado de tuberculose, pero disfrutan de moitras outras opcións que desenrolan a través desa referida “creatividade”.

Outra das recomendacións apuntada polo especialista é a de buscar a información e o asesoramento axeitado, evitando así que o medo ós contaxios leve a unha inhibición do desexo. Consellos todos eles que nos van axudar a que estas enfermidades non interfiran na nosa vida erótica.

Sociedade