Unha auténtica illa

Unha auténtica illa
13 de Febreiro, 2020 - 10:26 h. | Publicada por Radio Lugo

O colexio Fingoi de Lugo foi unha excepción no ermo da educación da ditadura. Ricardo Carvalho Calero impulsou nas súas aulas un niño de galeguismo e de cultura. Alí acudiron profesores como Méndez Ferrín, María Xosé Queizán e Arcadio López Casanova. Con Bernardino Graña desenvolveu un proxecto de recollida de lendas populares no que participaron alunos e alunas. Estaba lonxe do ensino memorístico e promoveu a edición de “Contos populares da provincia de Lugo”. Foron un éxito con sucesivas edicións. De 1950 a 1965 exerce na práctica como director do colexio Fingoi, unha auténtica illa, segundo o seu biógrafo Henrique Rabuñal.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa de Henrique Rabuñal, Antonio Casal, Rubén Labisbal e Henrique Sanfiz sobre Ricardo Carvalho Calero

http://173.255.131.18/audio/120220RABUNAL.mp3

Henrique Rabuñal, autor de Ricardo Carvalho Calero, o anxo da terra

Escritor precoz e total durante seis décadas, entregado militante do nacionalismo republicano, intelectual brillante e libre sempre entregado á nosa cultura. Así foi Don Ricardo Carvalho Calero, o escritor ferrolán ao que este ano se lle adican o Dia das Letras Galegas. Ricardo Carvalho Calero, o anxo da terra, é o libro escollido nesta xornada no clube de lectura de Radio Fene Radiofusión. Carvalho Calero ocupa un dos lugares máis sobranceiros na historia galega do século XX. Podemos afirmar del o que el dicía de Otero Pedrayo. Contra Carvalho Calero non se pode construír o noso pais.

Cultura

Publica o teu comentario agora