Unha banda deseñada sobre Rosalía de Castro

Unha banda deseñada sobre Rosalia de Castro
01 de Maio, 2019 - 05:36 h. | Publicada por Radio Fene

Un comic sobre Rosalía de Castro e O Seixo (Mugardos) presentaráse este venres na Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega. O texto foi realizado por Anxos Garcia Fonte (profesora do IES de Mugardos durante 15 anos e na actualidade profesora no IES Fragas do Eume en Pontedeume) correspondendo as ilustracións ao debuxante de Fene Carlos Sardiña. 

Rosalía de Castro e O Seixo en Mugardos

O libro forma parte do proxecto "Rosalía de Castro e a fábrica das mulleres" que xa incluiu o descubrimento dunha placa no lugar da antiga Fraga, unha cea de Rosalía e a gravación dun video no que nenos e nenas do colexio de Franza recitan poemas da autora de "Cantares Gallegos". 

Rosalía de Castro adicoulle un poema á festa do Seixo (Se a vernos Marica, nantronte viñeras, á festa do Seixo na beira do mar, ...) e os impulsores do proxecto sosteñen que os versos se refiren á romería que se celebra neste lugar da ría de Ferrol, todos os 25 e 26 de xullo. O proxecto asimesmo incluiu a preparación e representación da obra de teatro "Rosalía poeta na beira do mar" a cargo do grupo Teruca Bouza, cun texto elaborado e dirixido por Eugenia Sanmartín.

O acto deste venres contará coa presencia do presidente da fundación Rosalía de Castro Anxo Angueira, coa alcaldesa de Mugardos Pilar Diaz e cos autores da publicación. Comezará ás sete da tarde no Seixo (Mugardos). 

Cultura

Publica o teu comentario agora