Unha boa protección solar para unha maior e mellor calidade de vida

Unha boa protección solar para unha maior e mellor calidade de vida

07 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Arredor dunha trintena de persoas participaron onte nunha charla coloquio organizada polo Concello de Ordes en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro, e enmarcada dentro dunha campaña de protección solar que leva por título "A túa pel non ten recambio, sabes cómo protexela do sol?".

A charla tivo lugar no Salón de Actos do Museo do Traxe de Juanjo Liñares, e correu a cargo de Soledad Reparaz, farmaceútica do Departamento de Formación de Avène. 

O obxectivo da campaña de protección solar e prevención do cancro de pel entre o Concello e a Asociación Española contra o Cancro é transmitir unha mensaxe positiva sobre cantidade e calidade de vida a través dunha boa protección solar. A presente campaña pon de manifesto a relación entre o cancro e os hábitos de conducta, e a importancia da prevención e da concienciación de levar unha vida saudable.

Sociedade