Unha bomba

Unha bomba
12 de Agosto, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Laura Bouza é unha explosión de creatividade. Ama ás belas artes e iso nótase. Tamén gosta da pedagoxía e iso percíbese na transmisión de coñecemento que realiza aos máis de cen chiquiartistas, a persoas menores e maiores que acuden ao laboratorio Laudas Calamity a iniciarse ou afondar no mundo das artes. Escultura, debuxo, orfebrería, gravado, muralismo, xéneros mixtos.. Nada é alleo ao traballo da xerente do laboratorio.

Fotografía Xarda

Preparou con alumnos e alumnas a exposición “Arte e transtornos mentais”. Agora Son Radiofusión, coa colaboración da Deputación de A Coruña, edita o catálogo que busca dar perdurabilidade á mostra. Inclue fotografías de Xan Xe e textos de Alberto Ruiz de Samaniego, Laura Bouza e Henrique Sanfiz. Á inauguración da mostra no pasado mes de xullo asistiron máis de duascentas persoas que abarrotaron a Casa da Cultura de Fene. Prepara para o luns 14 unha visita guiada á mostra. O mércores 16 presentarase o catálogo cunha intervención do escritor Antonio Tizón. Os dous actos comezarán ás doce do mediodia no Museo do Humor de Fene. As persoas colaboradoras de Son Radiofusión recibirán un exemplar do catálogo de balde.

Cultura

Publica o teu comentario agora