Unha camelia para tí

Unha camelia para tí

20 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A camelia cobra protagonismo esta fin de semana en Narón. A VI Mostra da Camelia abrirá ao publico no Centro Odeón o sabado ás 5 da tarde. Habería máis pero a organización limitou a 40 o numero de expositores, adaptándose ao espacio dispoñible. Dentro da mostra celebrase o II Concurso de camelia Cidade de Narón.

A exposición de camelias empezará a montarse no centro de ocio de Narón ás 10 da mañán do sabado para que ás 13.00h o xurado poida puntuar e elexir as que considere dignas de premio. Á hora de abrir a mostra, ás 17.00h, entregaranse os premios do concurso.
 
O presidente da Asociación Galega da Camelia organizadora da Mostra, Tomás Casal, cita como novidade desta edición os postos de venda de planta e a instalación dun viveiro de camelias procedente de Cantabria que amosará híbridos da flor. A sorpresa virá da man da Rondalla Bohemios que cantará o sabado á tarde no recinto da mostra. O domingo seguirá aberta ao público todo o dia no horario de apertura do centro comercial.  

Sociedade