Unha cartografía do mundo do mar

Unha cartografía do mundo do mar
06 de Novembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O poeta Xosé Iglesias ven de publicar Atlántico Norte, chamádeme Ismael. O deseño da capa do libro tamén é obra do acuarelista nacido en Cee no 1974. Na portada aparecen catro baleas distintas xunto con outros elementos: un barco, un mapa, unha rosa dos ventos e un corazón. Sobre as características da portada deste poemario o outros segredos que se agochan nesta obra falamos co seu autor no clube de lectura de Radiofusión.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: Xan Xe Corral

“Cando me propuxen facer o deseño da portada deste libro decidín que tiña que aparecer toda a área onde traballamos e é o que aparece. O Atlántico Norte, Islandia, Escocia e un puntiño que apenas se ve que é o Petón do Rocal, onde pescabamos nós. Tamén aparecen todas as baleas das que falo no libro”, afirma Xosé Iglesias. O seu novo traballo titulado Atlántico Norte, chamádeme Ismael é unha cartografía do mundo do mar e da forza coa que os mariñeiros afrontan o seu día a día. Precisamente, un dos poemas do libro titulado Fraxilidade remata coa frase “Sempre en loita dispostos a non caer”.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora