Unha cesta valorada en 200 euros

Unha cesta valorada en 200 euros
07 de Decembro, 2020 - 01:08 h. | Publicada por Radio Fene

Sorteo dunha cesta de Nadal e un vale de 50 euros de compra en cada establecemento que participa na iniciativa da Asociación de comerciantes O Cruceiro de Fene para impulsar o comercio local. Vive o Nadal en Fene, contigo recuperamos a ilusión será o lema da campaña.

ESCOITA O PODCAST:
Ramón Domínguez en Mayka Moda

31 establecementos de Fene participan nesta iniciativa. Moda, perruquerias, calzados, hostelería. Desde o xoves dia 10 obsequiarán con rifas ás persoas que realizan compras ou consumicións. Sortearán unha cesta de Nadal e un vale de 50 euros de compra en cada establecemento. Do 22 de decembro ao 5 de xaneiro a asociación O Cruceiro sorteará entre todas as persoas que realicen compras no comercio local unha cesta valorada en 200 euros.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora