Unha corentena para todos

Unha corentena para todos
23 de Marzo, 2020 - 12:02 h. | Publicada por Radio Fene

A veciñanza de Cabanas acata as normas de confinamento. O persoal de axuda a domicilio e a polícía local son os máis activos neste tempo de crise do coronavirus.

ESCOITA O PODCAST:

Os días previos á emisión do estado de alarma, o concello de Cabanas veu como se achegaban os habituais veraneantes madrileños á localidade. Viñan pasar a cuarentena perto da praia pero un bando municipal pronto torceu as súas expectativas. O venres día 13 saía o bando conminando a toda a veciñanza a pecharse na casa. O concello de Cabanas tamén pechou parques e paseos públicos como o pinar da Magdalena que permanece inaccesible ata que pase esta situación.

Desde que se decretou o estado de alarma, non se produciu ningún incidente relevante e a xente respecta as normas impostas, afirma a edil responsable de personal, Paula González. Todo o persoal do concello de Cabanas fai teletraballo na súa casa, agás unha persoa que mantén aberto o Rexistro municipal. Por suposto, tanto a policía local como as traballadoras de Axuda a domicilio continúan nos seus postos, con máis motivo que nunca. Engade Paula González que a iso hai que sumar os voluntarios de Protección Civil, dispostos as 24 horas.

Cabanas atende en axuda a domicilio a unas 25 persoas, dándose de baixa temporalmente unha persoa por decisión da súa familia. Aínda así o traballo aumentou para o plantel porque houbo solicitudes de proporcionar axuda  a persoas que viven soas e non poden desprazarse, para que lles leven alimentos ou medicamentos ao domicilio. Estas traballadoras contan cun equipo de seguridade para acudir ao traballo pero este empeza a escasear, en palabras de González.

Institucional

Publica o teu comentario agora