Unha das mellores bandas de rock

Unha das mellores bandas de rock
05 de Agosto, 2020 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

 A crítica considera a King Sapo como unha das mellores bandas de rock de todo o Estado. Historias e pálpitos reais abrázanse nas nove cancións do seu traballo discográfico “Niño Gurú”. A traxectoria previa dos seus músicos (Eldorado, SCR, Última experiencia, Wyoming y los Insoulventes) aporta ideas, fluidez e calidade. Tocan este sábado oito de agosto na sala La Room, da rúa do Sol de Ferrol.

King Sapo

Abriranse as portas as 23,45. A entrada custa 10 euros e se pode adquirir na propia sala, en ataquilla.com ou en La Cañita (rúa María, 91. Ferrol). King Sapo foi preseleccionado aos Premios Grammy latinos 2019 en dúas categorías.

El Chigri e Pedro Díaz Sobrín

Tamén na sala La Room, os irmáns Díaz Sobrín (Carlos e Pedro) ofrecen un concerto este venres ás 12 da noite. Son cantautores con versións de Fito, Sabina, Sés, Pink Floyd ou Bob Marley. Intercalan temas propios ao longo da actuación. A entrada ascende a 3 euros (2 persoas 5 euros) e se poden reservar na páxina de Facebook de La Room.

Cultura

Publica o teu comentario agora