Unha empregada logra evitar o atraco a unha sucursal bancaria

Unha empregada logra evitar o atraco a unha sucursal bancaria

24 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Policía Nacional investiga o intento de roubo a unha sucursal bancaria de Caixanova en Ferrol (A Coruña) ocorrido esta mañá.Segundo indicaron fontes policiais, unha ou varias persoas trataron de acceder á oficina, situada no número 134 da estrada de Castela, ao redor do nove da mañá, aínda que non lograron o seu propósito.

Como queira que nas oficinas de Caixanova deben os empregados abrir a porta a cada cliente, neste caso non lle franquearon a entrada ao sospeitar das súas intencións. Unha empregada indicou que polo menos un dos asaltantes portaba unha arma, similar a un machete, e en actitude desafiante. Foron os propios traballadores quen alertaron á policía da presenza dos inviduos na porta da oficina. Ao non conseguir acceder á sucursal, os delincuentes déronse á fuga. No entanto, a oficina permanece pechada ao público e presenta danos en varios cristais. Axentes da Policía Nacional iniciaron as xestións  pertinentes para identificar aos asaltantes.

Sociedade