Unha escoliña especial

Unha escoliña especial
11 de Marzo, 2020 - 11:18 h. | Publicada por Radio Fene

Xornada de portas abertas na escola da Semente, este sabado 14 de marzo desde as 11.00h. O obxectivo é amosar a escola e o seu proxecto educativo a novas familias de cara á matrícula do próximo curso.

ESCOITA O PODCAST:

Xornada de portas abertas na escola Semente de Trasancos. O sabado 14 de marzo desde as 11.00h todas as familias que desexen coñecer a maneira de aprender desta escoliña ubicada no Roxal (Neda) non teñen máis que achegarse alí. Explicaranlles o proxecto educativo no que se basa a pedagoxía de A Semante. Farase unha visita polo interior da escola e un roteiro exterior para coñecer a idílica contorna que é tan importante como todo o demais.

Porque o modelo educativo de A Semente destaca polo respecto pola contorna no sentido máis amplo da palabra. Tamén respeita as inquedanzas e os tempos de cada alumno e alumna. Imparten un ensino en galego e é unha escola inclusiva na que se respectan as outras culturas.

A demanda vai en aumento

Hoxe en día A Semente de Trasancos ten 26 escolares matriculados en infantíl (18) e primaria (8) cunha ratio moi inferior a un centro convencional. Afirma Lidia Pena que no Roxal non collerían 100 escolares, 40 como máximo, por razóns de ratio pero tamén de espazo. Polo tanto, de cara ao curso 2020-2021 aínda hai prazas. Outro reto é logar xestionar un transporte colectivo, algo que están valorando porque as familias proceden de toda a comarca, familias que colaboran activamente na mellora da escola que está en contínuo movemento.

Sociedade

Publica o teu comentario agora