Unha estatua de Asorei preside o maior claustro do estado en Samos

Unha estatua de Asorei preside o maior claustro do estado en Samos

01 de Agosto, 2017 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Unha estatua de Asorei coa figura do “Pai Feixóo” preside un dos claustros do mosteiro de Samos, cenobio fundado no século sexto. A chegada dos suevos a Galicia é simultánea á instalación dos monxes á beira do río Oribio. Os frades buscaban lugares onde poder traballar e orar en silencio en lugares de recollemento. Hospedábase nos veráns no mosteiro, o poeta Ramón Cabanillas.

En 960 en Samos adóptase a regla de San Bieito. Na desamortización de Mendizabal, a comunidade abandona o mosteiro que queda deshabitado durante cincuenta anos. O incendio de 1951 provocou outra época de abandono ata que se reconstruiu o edificio. “O claustro das Nereidas acolle unha das mellores fontes barrocas de Galicia” segundo o prior de Samos José Luis Velez. A fonte sorprende pola voluptuosidade das sereas. Construiuna Frei Juan Vázquez quen logo deseñará a igrexa do mosteiro e intervén tamén ao inicio da construción da igrexa do mosteiro de Vilanova de Lourenzá. Samos pódese visitar todos os días do ano.
Sociedade