Unha experiencia inesquecible para catro nenos saharahuis

Unha experiencia inesquecible para catro nenos saharahuis

05 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Jady, Fadhila, Abbi e Galia son os catro nenos saharahuis que participan no programa “ Vacacións en paz” organizado polo concello de Fene. Tres nenas e un neno que durante este verán viven acollidos con familias fenesas e desfrutan da experiencia.

Os catro nenos saharauis que están a pasar o estío en Fene foron recibidos este mediodía na casa do concello pola concelleira de cultura e deportes e a de Benestar e Igualdade. Alí recibiron unhas mochilas con agasallos para facer máis agradable a súa estancia. Os pequenos falaron tímidamente do que están a vivir, aínda que para algún non é a primeira vez que participaron no programa. A praia , a auga, a roupa bonita para as nenas sorprenden gratamente aos raparigos.

Revisións ao dentista, oculista e ao médico de cabeceira son algún dos compromisos que asumen as familias de acollida dos rapaces. Para algunhas das familias xa é o terceiro ano que reciben ao mesmo neno/a e xa forma parte dela. Todas considéranna unha experiencia gratificante.

 Xa comezado o mes de setembro Jady, Fadhila, Abbi e Galia voltarán coas súas familias tras pasar un verán diferente. Unha aventura enriquecedora que gardarán tamén nesa mochila con agasallos que lles deron esta mañá.

Sociedade