Unha experiencia no Galicia Skills

Alejandro Permuy participou no nome do IES Fene na edición deste ano
21 de Decembro, 2018 - 12:30 h. | Publicada por Radio Fene

O profesor Jheray Prieto e o alumno Alejandro Permuy cóntannos a súa experiencia no Galicia Skills, celebrado en Silleda os dias 28,29 e 30 de novembro. Na especialidade de Instalacións frigoríficas, o alumno fenés competiu con cinco rivais.

ESCOITA O PODCAST:

O IES de Fene ven de participar no Galicia Skills, campionato galego de Formación Profesional no que se dan cita, cada dous anos, uns 150 alumnos e alumnas para amosar as competencias nas diferentes especialidades. O centro de Barallobre presentouse na rama de Instalacións Frigoríficas. O alumno Alejandro Permuy foi o representante do centro fenés e a piques estivo, de facerse co premio que foi parar finalmente a un estudante de Lugo.

Dende hai catro anos, cóntanos o profesor do IES Fene, Jheray Prieto, o Galicia Skills celébrase no recinto feiral de Silleda, durante tres días nos que compiten ata 26 especialidades da Formación Profesional. "Así se lle da máis visibilidade aos estudos dos Ciclos formativos" engade Prieto. O gañador pasa logo ao Spain Skills. E daí hai pasase ao Euro e finalmente ao World Skills. Cos dous falamos da experiencia esta mañá, na Fenestra de Radio Fene.

Sociedade

Publica o teu comentario agora