Unha explosión na subestación de Fenosa en Vigo provoca queimaduras graves a un operario

Unha explosión na subestación de Fenosa en Vigo provoca queimaduras graves a un operario

07 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Un home sufriu queimaduras graves debido a unha explosión ocorrida á unha da tarde de hoxe na subestación eléctrica que Unión Fenosa ten no barrio vigués de Balaídos. Pouco despois do mediodía o 112 recibiu o aviso dun accidente laboral nestas instalacións situadas na Avenida Portanet.

As queimaduras do traballador produciullas unha descarga eléctrica e foi evacuado ao hospital Povisa polos seus propios compañeiros. Nestes intres está sendo intervido quirurxicamente, segundo fontes do centro sanitario.

Sociedade