Unha factura tráxica e penosa aos estaleiros galegos

Unha factura tráxica e penosa aos estaleiros galegos

12 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O goberno está a pasar unha factura tráxica e penosa aos estaleiros galegos, afirma o escritor especializado en construción naval Juan Carlos Díaz Lorenzo. “A traxectoria exitosa das antigas Astano e Bazán, aporta un bagaxe e un bó nome que se pode aproveitar en diferentes nichos de mercado” manifesta o autor de 44 libros sobre barcos e estaleiros.

A construción naval militar fabrica fabas contadas e depende sempre das decisións gubernamentais, que van máis alá da actuación comercial da empresa, salienta Díaz Lorenzo. O off-shore e os cruceiros de turismo son algúns dos segmentos que están a crear riqueza e traballo en moitos paises, para o escritor, licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Juan Carlos Díaz ven de publicar o libro “Gris naval en la Marina Española” sobre as flotas das empresas CEPSA, Elcano e da Compañía Trasatlánica Española.

Sociedade