Unha Fashion ibicenca

Fene vístese de branco o sabado 15 coa Fashion Night organizada polos comerciantes e o concello.
11 de Xuño, 2019 - 10:53 h. | Publicada por Radio Fene

Fene vivirá o sabado 15, unha nova Fashion Night que organizan conxuntamente a asociación de comerciantes e hosteleiros “O Cruceiro” e o concello de Fene. Este ano o motivo central será a festa ibicenca, na que reinará a cor branca. O afamado performance, Pablo Méndez, fará ata tres pasarrúas ao longo do dia, denominados "Festa en branco".  O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, adiantaba que ese é o dia máis importante para o comercio fenés e agarda que tanto veciñanza como visitantes coñezan a súa oferta e disfruten deste dia preparado despois dun ano de moito esforzo.

ESCOITA O PODCAST:

Un total de 36 locais de Fene participan activamente na Fashion Night deste ano, en palabras do presidente de O Cruceiro, Juan Ramos, quen agradeceu o esforzo de comercios e hosteleiros postos nesta cita. Os comercios abren o sabado ata as 12 da noite e os bares elaborarán uns cócteles dignos de Ibiza. Para Ramos, este é "o día máis grande para o comercio fenés". (Na imaxe escaparate de "Un pedacito de mi" na rúa da Fraga)

O edil de Turismo, Juanjo Franco afirmou que ademais de visitar os comercios e bares, trátase de levar a festa á rúa. Así as prazas e rúas centrais de Fene serán os escenarios artísticos. As tres escolas de baile de Fene, May dance, Paso a paso e Fusion dance, actuarán nas prazas do Perla, zona de Pan Perlío e praza do concello. Os Djs dispersaranse pola praza do Perla, praza do Concello, Marqués de Figueroa á altura de Mas Sport e á altura do Son de Cociña. Dous desfiles de moda celebraranse ás 19.00h na Praza do Perla e ás 21.00h na Praza Ramón Souto.

Os pasarrúas “Festa en branco” de Pablo Méndez arrancarán ás 18,00h por Marqués de Figueroa abaixo, desde o cruce. Ás 20:00h sairá do Concello pola Avda Naturais de Fene. O último sairá ás 23:00h desde o Concello pola rúa da Fraga. Obradoiros, e photocall concentraranse na Praza Verde nas primeiras horas da tarde, xa a partir das 17.00h. As seis é a hora oficial do empezo da Fashion Night de Fene.

Sociedade

Publica o teu comentario agora