Unha feira das de antes

A Capela recrea unha feira galega en EtnoEume o domingo 14 de xullo desde as 11 da mañá.
12 de Xullo, 2019 - 11:26 h. | Publicada por Radio Fene

Esta oitava edición rende homenaxe ás mulleres que traballan oliño e a la. As boinas e os sachos voarán polo aire.

ESCOITA O PODCAST:
secundinocapela19

O domingo 14 de xullo celebran na Capela a VIII EtnoEume, unha feira como as de antes, que arranca ás 11 da mañá e pecha contra as 20h da tarde. Nesta oitava edición renden homenaxe ás mulleres tecedoras. Traballarán en directo o liño como convidadas as mulleres de Insua en Vilalba. A feira contará coa presencia doutros artesáns; de olería, cestería, coiro, etc.

Non faltarán os postos de polbo ou churrasco para xantar alí, nen tampouco os xogos populares para os rapaces que organizan dende as escola local. Nin tampouco pola tarde os desafíos rurais ao público presente, como o lanzamento de sachos ou de boinas, como nos conta na entrevista o director do museo etnográfico da Capela e promotor da feira, Secundino García. Suxírese que a xente acuda caracterizada de época. Airiños da Capela, Os Sobraos e Encrucillada porán a música ao longo da xornada.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora