Unha Galiza sen mar non é Galiza

Unha Galiza sen mar non é Galiza

10 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Galicia non pode prescindir do mar”, afirmou esta mañá en Barallobre o voceiro do Bloque Nacionalista Galego Guillerme Vázquez. O dirixente nacionalista, xunto co candidato á alcaldía de Fene, Juventino Trigo, recolleu as demandas dos mariscadores da zona. A eliminación dos recheos e a axilización das obras da depuradora son dúas das reivindicacións da confraría.

Guillerme Vázquez acusou á Xunta de Galicia de poñer en práctica políticas que destrúen emprego. Reclamou que o goberno autónomo participe nas negociacións dos temas de Pesca coa Unión Europea. O BNG puxo o acento na paradoxa que nos últimos contactos para tratar de asuntos do mar, participara a comunidade autónoma de Extremadura.

Barallobre é hoxe a parroquia escollida polo BNG para a celebración dun novo mitin. Ás 7,30 da tarde na Liga de Amigos falará o candidato Juventino Trigo con Manuel Vidal, Josefina López, Paula González e Manuel Polo.

Institucional