Unha máscara na cara e outra na mochila

O IES de Fene recibirá arredor de 420 alumnos no novo curso escolar.
08 de Setembro, 2020 - 12:55 h. | Publicada por Radio Fene

A ratio no IES de Fene móvese entre os 20 alumnos/aula na ESO e FP e 25 no bacharelato. O centro precisaría un profesor máis este curso para cumplir as medidas esixidas pola Covid.

ESCOITA O PODCAST:

Entre o 16 e o 18 de setembro abren as aulas do IES de Fene para o seu alumnado de ESO, Bacharelato e FP. A entrada producirase de xeito escalonado da maneira que nos explica a nova directora do centro, Margarita Suárez Caínzos. O mércores dia 16 empeza o curso para primeiro de bacherelato e ciclos medios. O xoves 17 será o turno de 3º da ESO, 2º de bacharelato e 2º de ciclos. Por ultimo entran no centro de Barallobre, o venres 18, o alumnado de 4º da ESO e FP básica. Toda a información sobre as datas e plan de adaptación está escrita na web do IES de Fene para que tanto as familias como o propio alumnado coñezan o protocolo do novo e especial curso 2020-2021.

O IES de Fene rexistra unha matrícula similar á do curso pasado, a falta de ultimar as cifras, rondará os 420 alumnos. A necesidade de desdobrar os talleres de FP básica que quedarían con 10 alumnos por taller, fan preciso un novo profesor a maiores do plantel actual. O centro gañou tres espazos novos convertindo en aulas tres locais destinados antes a outros usos. Desa maneira poden garantir a ratio esixida que, segundo Margarita Suárez Caínzos, é de 20 alumnos por aula na ESO ou FP e non pasa de 25 en bacharelato.

No hipotético caso de producirse un caso positivo, a Xunta anulou o protocolo do mes de xullo de poñer en corentena a toda a aula. Agora mudouse por aillar ao afectado e facer o rastrexo aos seus contactos máis estreitos. Suárez amósase optimista e afirma que non ten por que haber ningún problema. O alumnado entrará no autobús coa mascara posta, e unha de reserva na mochila, e baixará do bus ao remate da xornada con ela posta. O autobús levará un dispensador de xel hidroalcólico para empezar ben a mañá. Todo o profesorado do IES se someterá a unha proba serolóxica.

(IES de Fene nunha imaxe de arquivo de 2019)

Cultura

Publica o teu comentario agora