Unha mañá na Radio

Unha mañá na Radio
21 de Setembro, 2023 - 12:02 h. | Publicada por Radio Fene

Participar en obradoiros de xardinería ou encadernación, facer visitas a lugares como o Museo do Humor Xaquín Marín ou o Concello de Fene e ata xogar co Racing de Ferrol, son algunhas das actividades que realizan as persoas usuarias do Centro de Atención á Discapacidade Souto de Leixa.

ESCOITA O PODCAST:

Un grupo de doce persoas usuarias do CAD Souto de Leixa coñeceron Radio Fene, dentro da visita que realizaron ao municipio. Ademais de ver a radio, tiveron ocasión de pasalo ben escoitando a canción favorita dun deles, “Había unha vez un circo”, dos Pallasos da tele. En representación de todos, tivemos ocasión de falar co usuario Carlos Pena, veciño de Mugardos que é un dos máis veteranos do centro. Goza xogando ao fútbol e visitaba por primeira vez unha emisora de radio. Outros compañeiros e compañeiras xogan ao fútbol sala ou ao baloncesto. Practican estes deportes en colaboracion co Racing, o Parrulo e o Baxi. A educadora social Tamara Miragaya informou de que son 95 os usuarios do centro, nos que se imparten oito talleres. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora