Unha marea de “9 ondas”

Unha marea de “9 ondas”

17 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Trátase da primeira película galega producida mediante crowdfunding. O filme, escrito e dirixido por Simone Saibene, conseguiu recaudar máis de 22.000€ sumando a 239 persoas. Despois do éxito da crítica e público das estreas no Teatro Principal de Ourense, no Cinebox da cidade das Burgas e noutras salas gallegas, o Odeón Multicine de Narón acolle agora as proxeccións  de 9 ondas, unha película escrita e dirixida

9 ondas é a primeira longametraxe de Simone Saibene. O argumento comeza nalgún punto da fronteira entre Galicia e Portugal, lugar no que un home esquece todos os seus recordos ao beber auga dunha fonte. O protagonista  comeza así un camiño cara a súa verdadeira identidade. O tema da identidade é, precisamente, o eixe central ao redor do que xira toda a película. Un tema que o seu director define “como o acto constante de facerse e desfacerse”.

Rodado en Galicia

A película ten unha duración total de 96 minutos e rodouse integralmente en Galicia, en localizacións de Ourense, O Couto Mixto e Pontevedra. Sobre o seu contido, Simone Saibene explica que 9 ondas segue a liña dos seus traballos anteriores pero con “moita máis vitalidade e un humor sutil que reflexa o actor protagonista que, quizáis, se relaciona mais con algunhas obras de cine mudo”. Sinala que a súa proposta non é un cine homologado, “cheo de lumes artificiais, onde todo cadra perfectamente e o espectador é tratado coma un parvo incapaz de ter pensamentos ou imaxinacións propias”. Moi ao contrario, 9 ondas, “é unha película que ten un guión aberto. Que non dá respostas certas, senón que estimula a reflexión de tal xeito que cada espectador poderá construír a súa propia película”. O cineasta asegura tamén que o que atopará o espectador que se achegue á sala para ver este filme “é unha película vital, un canto á vida. Encontrarase diante dun acto de liberdade algo que, a día de hoxe, quizáis é algo que se necesita máis que outra cousa”.

No reparto de actores destacan o italiano Darío Merlini, as actrices galegas María Tasende e Isabel Risco e o actor ourensán Miguel Manzano.

Non é a primeira vez que Simone Saibene grava en Galicia. No 2007 cun equipo italo-galego rodou en Cedeira e San Andrés de Teixido, a mediometraxe Retorno a San Andrés.

9 ondas ocupa a carteleira do Cinebox Odeon (Narón A Coruña) ata o 21 de novembro con varios pases: 16h – 18h – 20h – 22.30h. A entrada é de 6€.

Financiamento colectivo

A película 9 ondas é coñecida por ser un dos primeiros e máis extitosos proxectos de crowfunding en España e por ser producida sen ningún tipo de axuda pública e institucional. O proxecto naceu en setembro do ano 2011 en Elcercano.com. A idea inicial era levar adiante a rodaxe dunha longametraxe escapando dos circuítos tradicionais de producción. A iniciativa conseguíu a implicación dun total de 239 persoas físicas que aportaron os máis de 22.000€ cos que se levou adiante a rodaxe. Segundo explica Simone Saibene, “O principal atractivo deste sistema de financiación para unha persoa era que calquera podía convertirse en productor da película, aportando unha cota dende 100€ ata 1.000€”.

 

Cultura