Unha menor intoxicada por un quentador en mal estado

Unha menor intoxicada por un quentador en mal estado

30 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

Unha menor foi evacuada tras resultar intoxicada debido a un escape de gas no seu domicilio en Monforte de Lemos (Lugo) provocado polo mal funcionamento do quentador. Segundo informou hoxe o 112 a Europa Press, os feitos sucederon sobre as 22.30 horas de onte nunha vivenda situada no número 11 da rúa Ramón del Valle-Inclán, en Monforte.

Foi a nai da menor quen alertou do acontecido á Policía Nacional que, á súa vez, pediu asistencia sanitaria a través do 112. Así, foron mobilizados o 061 e Bombeiros de Monforte.

Os bombeiros confirmaron a acumulación de anhídrido carbono polo mal funcionamento do quentador, o que provocou que a moza se empezase a sentir mal cando estaba na ducha, segundo precisaron as mesmas fontes. Ás 23.09 horas concluíu a intervención.

Sociedade