Unha mesa redonda complementará hoxe a exposición Rexistros Abertos. Materiais, contextos e narrativas na arte galega actual no Museo Provincial de Lugo

Unha mesa redonda complementará hoxe a exposición Rexistros Abertos. Materiais, contextos e narrativas na arte galega actual no Museo Provincial de Lugo

07 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Museo Provincial de Lugo programou unha mesa redonda para hoxe, ás 19.30 horas, como complemento á exposición Rexistros Abertos. Materiais, contextos e narrativas na arte galega actual. O acto, que será moderado pola Directora do Museo, Aurelia Balseiro, contará coa presenza dos comisarios da mostra Verónica Santos e Rafael Lens; ademais de Celia Castro Fernández, profesora de arte; Vicente Blanco, artista e profesor, e de Chus Martí

Os contidos serán variados, xa que se tratarán temas como a situación xeral da arte contemporánea en Galicia, por parte de Verónica Santos; o mercado privado, a través do relatorio de Rafael Lens; a influencia da arte galega contemporánea no ensino das artes en Galicia, por parte de Celia Castro Fernández; a pegada do contexto: a interrelación do artista co medio, gracias á disertación de Vicente Blanco e a situación da muller creadora no contexto galego na intervención de Chus Martínez Domínguez.

 

Cada tema introducido polos participantes da mesa poderá ser obxecto de preguntas ou comentarios por parte do público asistente unha vez finalizada a súa exposición. Tamén, ao final da mesa redonda, propoñerase abrir un debate co que se pretende abranguer os contidos temáticos citados e outros que poidan xurdir a raíz da interacción cos asistentes.

Cultura