Unha milla escolar moi participativa....

Unha milla escolar moi participativa....

20 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O Concello de Fene convoca unha nova edición da súa milla escolar, de novo no escenario da avenida do Mar de San Valentín este domingo. A milla congregará a máis de 600 nenas e nenos, segundo confirmou a directora técnica de deportes de Fene Mercedes Justo. “Arestora hai 500 inscricións pero o día da carreira poden inscribirse preto dun cento de nenos a maiores” engadiu a técnica de deportes. A milla escolar do Concello de Fene celeb

Máis de 1.500 persoas congregáranse no barrio fenés tendo en conta que cada nena ou neno convocan a dous maiores, sexan pais, avos ou resto de familiares. Os nenos realizarán unha proba cuia distancia varia segundo a edade e os cursos. Os máis pequenos de 3 anos percorrerán unha distancia de 50 metros e os máis maiores de 3º ou 4º de ESO realizarán a milla. O Concello de Fene entregará trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría e haberá medallas de participación para todas/os.

Deportes