ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Políticas de Igualdade, Traballo e Conciliación”. Ese foi un dos temas abordados no Seminario organizado polo Instituto de Estudios Políticos e Sociais en outubro do 2008 na Coruña. Esta tarde o concelleiro de Cultura de Culleredo e presidente da entidade Celestino Poza presenta a monografia dos citados encontros.
O acto contará coa participación de D. Celestino Poza Domínguez (Presidente da Fundación IEPS), Dna. Purificación Arija Val (Directora do Seminario e Vicepresidenta de Interior da Fundación IEPS) e Dna. María Pilar García Negro (Profesora Titular de Filoloxía Galega e Portuguesa da USC). Presentaráse a publicación hoxe mércores, ás 20:00 horas na Aula de Cultura de Caixa Galicia, Médico Rodríguez, 2 - A Coruña.