ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A biblioteca municipal do Concello de Boiro, situada na Casa de Cultura, desenvolverá durante os meses de febreiro e marzo un programa que, baixo o título “Unha morea de contos”, pretende achegar o mundo dos libros aos nenos desde as primeiras idades. A actividade, que consiste na realización de sesións de contacontos e xogos, está dirixida a rapaces de 1º e 2º de Educación Primaria.
Ademais do obxectivo citado, con esta actividade preténdese tamén promover o uso da biblioteca nos nenos de 4 a 7 anos e dos seus pais; manter a tradición dos contos orais e dar a coñecer contos tradicionais galegos e doutras culturas do mundo.
“Unha morea de contos” desenvolverase en febreiro e marzo na Biblioteca Municipal de 16.30 a 17.30 horas, e empezará o 3 de febreiro.
A inscrición é gratuíta e pódese facer na Biblioteca (teléfono 981 848410).A actividade está organizada e patrocinada polo Concello de Boiro.