Unha mostra en Santiago homenaxea ao “derradeiro escultor monumental”

Unha mostra en Santiago homenaxea ao “derradeiro escultor monumental”

10 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Contou con gran recoñecemento en vida, está soterrado no Panteón de Galegos Ilustres e as súas obras locen en lugares privilexiados das nosas vilas e cidades. Porén, a figura do escultor Francisco Asorey permanece hoxe nun “inxusto esquecemento”, segundo afirmou en Radiofusión Miguel Fernández-Cid, comisario dunha mostra dedicada ao artista que se pode visitar ata o 30 de outubro na Fundac

A exposición, que coincide co 50 aniversario do pasamento de Asorey, pretende loitar contra esa falla de coñecemento arredor das achegas do escultor. Reúne un total de 14 esculturas consideradas esenciais na traxectoria do artista, entre elas O Tesouro ou A nai de dor. A montaxe, que pretende achegar ao público de forma atractiva a importancia do legado de Asorey, inclúe imaxes súas no estudo de traballo e fotografías de gran formato das súas obras. 

Os que visiten a mostra poderán descubrir, destaca o comisario, pezas “extremadamente innovadoras para o seu tempo” e tamén imaxes dos seus traballos monumentais. De feito, asegura Miguel Fernández-Cid, “Asorey foi o derradeiro dos escultores monumentais”.  

Sociedade