Unha mostra recolle as “olladas” do Camiño

Unha mostra recolle as “olladas” do Camiño

22 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

A Casa das Asociacións de Cornes en Compostela acollerá dende o día de hoxe ata o vindeiro 25 de febreiro a mostra “Instantáneas do Camiño”, unha selección das fotografías presentadas polos participantes do programa “Fai o Camiño connosco” desenvolvido pola Concellería de Participación Cidadá no marco das celebracións do Ano Santo. O obxectivo da exposición é rescatar algúns dos m

Das 2.500 fotos recibidas, o espectador poderá transitar por un total de 285 imaxes, nun percorrido que amosa olladas persoais, curiosas e significativas das diferentes rutas. As instantáneas reflicten a beleza da paisaxe, momentos de soidade reflexiva, ou a ledicia e complicidade nos xantares de grupo, logo da superación persoal e do esforzo compartido.

A mostra inaugúrase hoxe ás 12:00 horas coa presenza do alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, a concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez e os responsables do Club de Sendeirismo Vía Láctea, colaboradores no programa.

Sociedade