Unha nena de 6 anos morre en accidente en Muxía e un empregado municipal en Bergondo

Unha nena de 6 anos morre en accidente en Muxía e un empregado municipal en Bergondo

27 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Unha nena de 6 anos morreu a pasada noite nun accidente de tráfico en Muxia. A súa nai resultou ferida de gravidade. Xa de madrugada, un empregado do servizo de recollida do lixo de Bergondo falecía tamén atropelado nas inmediacións da ponte do Pedrido.

Un operario de 36 anos do servizo de recollida de lixo faleceu hoxe tras ser atropelado por un turismo que pasaba polo lugar onde se atopaba no municipio de Bergondo (A Coruña).

O atropelo tivo lugar sobre as 2.30 horas no quilómetro 5,2 da estrada AC-164, que une Guísamo e Ponte Pedrido, ao seu paso pola parroquia de Moruxo, no lugar de Fiobre, en Bergondo, segundo informou a Guardia Civil de Tráfico e o 112.

Fontes do servizo de emerxencias 112 sinalaron que un compañeiro do faleceu indicou que a vítima, R.C.L., de 36 anos de idade, foi arrastrada durante uns 15 metros por un turismo, modelo Nissan Almera con matrícula 0510-DPL.

O 112 mobilizou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061; á Guardia Civil de Tráfico e á Guardia Civil; así como a Protección Civil de Bergondo, que desprazou varios efectivos.

 

Unha nena en Muxia

Unha nena de 6 anos de idade faleceu e a súa nai resultou ferida grave tras colidir o vehículo no que viaxaban contra un tractor agrícola parado nunha pista do municipio de Muxía (A Coruña).

Segundo informou hoxe a Guardia Civil de Tráfico, o sinistro tivo lugar sobre as 23.15 horas no quilómetro 0,2 da pista asfaltada que vai de Viseo a Vilarmide, en Muxía.

O Ford Escort con matrícula C-4618-BM no que viaxaba unha parella coa súa filla de seis anos chocou contra un tractor que estaba parado.

A menor falecida viaxaba no asento traseiro do turismo cando aconteceu o sinistro. Ao lugar dos feitos trasladáronse axentes do Instituto Armado e efectivos sanitarios.

O condutor do turismo saíu ileso, mentres que o seu acompañante, a muller P.C.V., que resultou ferida grave, foi evacuada ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. A menor faleceu no centro hospitalario.

Sociedade