Unha nena de As Pontes, candidata a protagonizar o video da banda islandesa, Sigur Rós

Unha nena de As Pontes, candidata a protagonizar o video da banda islandesa, Sigur Rós

11 de Setembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O prestixioso productor catalán Xavi Coll apostaba por Galicia para situar o vídeo que propuxo na convocatoria internacional que promovía a banda Sigur Rós para o seu novo video clip. Coa dirección da arxentina Constanza Manescau, púñanse mans á obra no proceso creativo que os levou ata a praia do Trece en Camariñas, onde se gravou este traballo coa base do tema Ég Anda.
Para o papel da nena sobre o que xira a trama contou coa x

A xove actriz ten feito desfiles de moda, e participado en varias series de TV como Padre Casares ou Matalobos, e desta vez foi a escollida logo de buscaren unha actriz galega nese arco de idade.
Ademais completaban un elenco internacional, as actrices Alejandra Soler, Natalie Alexander, Karme Màlaga, e Marta Porta.
Agora, o vídeo parte como un dos grandes candidatos a gañar este certame, logo da boa acollida que está a ter na rede, especialmente entre os máis acérrimos seguidores do grupo, que velan armas diante da súa próxima visita a España, logo de dous anos de silencio.
Anque a última palabra a terá a propia formación musical, abríuse unha votación para o público en xeral, na que se poden ver todos os traballos que optan a ter un lugar no Mistery Film Experiment da banda, con espacio na páxina oficial de Sigur Rós.

Sigur Rós é unha banda islandesa de post-rock, con elementos de shoegazing e minimalismo. A banda é coñecida polo seu son etéreo e polo falsete de voz do seu cantante Jón Þór Birgisson. A finais de xaneiro de 2010 a banda anuncióu un "descanso indefinido (indefinite hiatus)" ata novo aviso co fin de seguir carreiras en solitario e pasar tempo coas suas familias. No 2012 retomaron a actividade cun novo album, “Valtari”.

Sociedade