Unha noite de San Xoan moi particular

Unha noite de San Xoan moi particular
11 de Xuño, 2020 - 10:56 h. | Publicada por Radio Fene

As fogueiras de San Xoán deberán cinguirse ao ámbito privado. O concello de Fene non permite celebracións multitudinarias na noite do 23 de xuño. Pola contra, poderían celebrarse os festivais do verán, Feliciapop e Fenerock.

ESCOITA O PODCAST:

Fene non celebrará de forma multitudinaria a noite de San Xoán. Recoméndase facer as fogueiras nas casas, de forma particular e pedindo permiso previamente para facer lume, no mesmo teléfono onde se piden os permisos para as queimas. Por prevención é o argumento desta prohibición municipal que se repite en todos os concellos da comarca. Preguntamos á concelleira responsable da área de seguridade polos festivais de verán. “O Feliciapop de agosto e o Fenerock de setembro poderían celebrarse, dependiendo de como evolucione a situación sanitaria, e quizás con outros formatos” declarou Sandra Permui. “Os organizadores están dispostos a que se leven a cabo”.

Amósase moi segura, Sandra Permui, ao falar do novo campamento de verán que ven sustituir ao “Verán máis alá” pero adaptado á actual situación. A conciliación familiar primou á hora de programalo. Está moi ben programado desde Cultura” reitera Permui para asegurar que se cumplirán as normas de seguridade. Neste momento o concello de Fene ten aberto o prazo de inscripción en diferentes bolsas de emprego e prazas do Plan de Emprego. “Cando chegamos ao goberno tiñan caducado as bolsas de emprego e por iso volvemos abrilas coa intención de fomentar o emprego público”.

A piscina municipal non abrirá durante o verán. O concello aproveitou para acometar unhas obras de reforma que estaban pendentes. Vaise cambiar o ascensor e mellorar a accesibilidade . As obras xa comenzaron. No que respecta ao funcionamento da administración local, o personal vaise incorporando paseniñamente e xa traballa de modo presencial o 30% do plantel mentres o resto segue en teletraballo, ben por razóns de conciliación ou de vulnerabilidade. De momento continúa o sistema de cita previa para acudir ás instalación municipais en modo presencial.

O vindeiro luns a corporación de Fene celebrará un pleno extraordinario para levar a cabo un novo sorteo do que sairán os componentes das mesas electorais dos comicios autonómicos do 12 de xullo. Á sesión preséntase tamén unha modificación de crédito para facer frente ao pago de facturas. En relación coas eleccións autonómicas, inspectores da Xunta de Galicia visitan  hoxe os colexios electorais de Fene para comprobar que reúnirán os requisitos de seguridade- entradas e saídas diferentes, distancias entre as mesas de votación, etc- o próximo 12 de xullo.

(Imaxe da sardiñada da sociedade O Pote na noite de San Xoán)

Institucional

Publica o teu comentario agora