Unha parella morre en Cervo ao inhalar dióxido de carbono

Unha parella morre en Cervo ao inhalar dióxido de carbono

26 de Xaneiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O matrimonio de octoxenarios formado por Valeriano Ramón Díaz e Otilia Ramos Dean, morreron esta madrugada no Concello de Cervo na costa de Lugo. No domicilio tamén se atopaba o seu fillo que arredor das catro da mañá chamou por teléfono pedindo auxilio. A causa da morte podería estar na mala combustión dunha estufa vella que puxeron en funcionamento ao carecer de enerxia eléctrica, polo temporal.

O domicilio está situado no municipio de Cervo, no lugar de Castelo, unha das zonas que se quedou sen electricidade debido ao temporal. A vivenda atópase nas proximidades do casco urbano do Concello. O seu alcalde Alfonso Villares calificou como inadmisible que toda a Mariña luguesa permaneza ainda sen luz dende o venres ás nove da noite.

Sociedade