Unha pedra alí, témola todos

Unha pedra alí, témola todos
04 de Marzo, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Mugardos B – Maniños B. Unha pedra alí, témola todos.Errar é moi humano e un defecto teno calquera. Na segunda fase o Maniños B fará honor á singular historia do club e honrará á competición. "Non contemplo a idea do descenso de categoría" aclara o técnico Álvaro Dopico "Chiqui". O filial do Maniños recupera xogadores e despois da vindeira fin de semana de descanso, empezará a nova fase "limpo de tarxetas e de mente".

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co míster do Maniños B Álvaro Dopico "Chiqui":

http://173.255.131.18/audio/040324DOPICO.mp3

Fotografia Xan Xe

Na próxima fase xogarán neste grupo o Maniños B, Barallobre, Mandiá, Capela, Monfero e Neda. Xogarán por sistema de liga a ida e volta. Haberá 3 grupos de 6 equipos. Os dous últimos de cada grupo formarán a Terceira Galicia, conxuntamente con equipos da zona norte de Lugo.

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora