Unha porta ben gardada

Unha porta ben gardada
26 de Xaneiro, 2021 - 01:54 h. | Publicada por Radio Fene

En Fene contamos cunha magnífica porteira de fútbol sala. Antes do confinamento defendeu a porta da selección galega e española. Adestra un dia á semana co Pescados Rubén Burela, a elite do fútbol sala feminino. Ademais tamén garda a porta da Fervenza, equipo da Segunda División. Ten 18 anos e estuda segundo de bacharelato no Instituto de Ensino Secundario de Fene.

ESCOITA O PODCAST:
Lucía Paz, porteira de A Fervenza

No equipo as porteiras teñen un adestramento específico, cun técnico de porteiras, segundo explica Lucía Paz.  A porteira de fútbol sala ten que atender a moitas cousas á vez. Cando o equipo rival ataca, un ollo ten que vixiar ao balón, a outras xogadoras atacantes, e tamén ás compañeiras do equipo para colocalas. As novas tecnoloxías tamén afectan ao deporte. Na Segunda División feminina do fútbol sala os adestradores teñen un grupo. Todos soben os seus partidos gravados en vídeo. Para a preparación dos encontros, o técnico prepara uns cortes cos erros propios e máis co análise do rival.Lucía Paz, gardando a porta da Fervenza, quere matricularse o curso vindeiro, no antigo INEF , na Facultade de Ciencias do Deporte.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora